DOG 9 DE SETEMBRO (172)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Solo.- Resolución do 31 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva do Plan básico municipal do Concello de Riotorto (Lugo).
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Parques eólicos.- Acordo do 1 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Bustelo e Baralláns, nos concellos de Cabana de Bergantiños e Coristanco (expediente IN408A 2020/61).
Instalación eléctrica.- Resolución do 1 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Melide (expediente-e IN407A 2022/006-1).
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
Viño.- Resolución do 27 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Empresarios Bodegueros Rías Baixas.
BOP Lugo 9 DE SETEMBRO (207)
CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL O.A.
Rega.- Canon embalse de Vilasouto e tarifa auga regadío Val de Lemos.
BOP Pontevedra 9 DE SETEMBRO (173)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Concesións.- Listado do reparto de axudas a cooperativas agrogandeiras do exercicio 2022.