NORMATIVA DO DIA 14 DE SETEMBRO DE 2022

Ampliación do prazo de presentación das licenzas e permisos para os expedientes dos plans de mellora ata o 15 de outubro. Requirimentos do programa EMEGA de emprendemento feminino.

BOE 13 DE SETEMBRO (220)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Contratación.- Anuncio de licitación de: Junta de Contratación del Fondo Español de Garantía Agraria. Objeto: Creación y producción de los materiales de divulgación de la PAC 2023-2026. Expediente: 2022/29-103335.

 

DOG 14 DE SETEMBRO (175)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

Requirimentos.- Resolución do 2 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 30 de xuño de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, financiadas con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento SI429A).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Ampliación do prazo.- Orde do 12 de setembro de 2022 pola que se amplía o prazo de presentación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos previstos na Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B). (Ata o 15 de outubro)

AUGAS DE GALICIA

Ampliación do prazo.- Resolución do 2 de setembro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 5 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora do estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento de comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU232A).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Acordo do 24 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Serra do Furco, no concello de Becerreá (expediente IN408A/2020/087).

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Informe de impacto ambiental.- Anuncio do 30 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de liña de alta tensión a 66 kV de evacuación do parque eólico Outes, nos concellos de Negreira, Noia e Outes (A Coruña) (expediente 2020/0232).

 

BOP A Coruña 14 DE SETEMBRO (175)

MELIDE

Natalidade.- Publicación das bases reguladoras para a convocatoria de axudas a prol da natalidade no Concello de Melide (ano 2022).

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias