NORMATIVA DO DIA 22 DE SETEMBRO DE 2022

Ampliación do prazo de execución e xustificación das subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas.

DOG 22 DE SETEMBRO (181)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Corrección de erros.- da Orde do 4 de agosto de 2022 pola que se realiza a segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades (código de procedemento MR553C).

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Ampliación do prazo de execución e xustificación.- Resolución do 13 de setembro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 29 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MR708A).

Ampliación do prazo de execución e xustificación.- Resolución do 15 de setembro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea para a Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022.

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

Ampliación do prazo de execución e xustificación.- Resolución do 15 de setembro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Acordo do 19 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico A Estivada, situado nos concellos do Irixo e Boborás, na provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/23).

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Información pública.- Acordo do 19 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico A Estivada, situado nos concellos do Irixo e Boborás, na provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/23).

Informe de impacto ambiental.- Anuncio do 8 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de liña de alta tensión a 66 kV de evacuación do parque eólico Olerón, nos concellos de Lousame, Noia e Rois (A Coruña) (clave do expediente 2020/0274).

Declaración de impacto ambiental.- Anuncio do 8 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Albariño I, nos concellos de Baiona, Oia e Tomiño (Pontevedra) (expediente 2020/0241).

Memoria ambiental.- Anuncio do 9 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan xeral de ordenación municipal de Navia de Suarna (expediente 2010AAE0163).

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias