NORMATIVA DO DIA 27 DE SETEMBRO DE 2022

Axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo.

DOG 27 DE SETEMBRO (184)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Ampliación do prazo de xustificación.- Orde do 16 de setembro de 2022 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 22 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CO300C).

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

Convocatoria.- Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento BS508E). (Extracto)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR323C). (Extracto)

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Acordo do 29 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude da declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Barrosino, no concello da Baña (A Coruña) (expediente IN408A 2019/30).

Parques eólicos.- Acordo do 20 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Serra da Piñeira, nos concellos de Becerreá, Baralla e Láncara (expediente IN408A/2020/081).

 

BOP A Coruña 27 DE SETEMBRO (184)

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

Calendario laboral.- Resolución da xefatura territorial da Coruña da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade sobre as festividades laborais de carácter local na provincia da Coruña.

 

BOP Lugo 27 DE SETEMBRO (222)

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Convocatoria.- Anuncio de convocatoria e bases que rexerán a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do programa para a dotación e mellora de servizos comunitarios para o ano 2022. (Extracto) (asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas, comunidades de montes, asociacións de mulleres rurais e asociacións de gandeiros e agricultores ou de produtores forestais ou agrupacións de veciños)

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias