NORMATIVA DO DIA 11 DE OUTUBRO DE 2022

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 11 DE OUTUBRO (194)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Convocatoria.- Orde do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, se convocan para o ano 2022 e se abre o prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B). (Extracto)

CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Fondos europeos.- Resolución do 5 de outubro de 2022 pola que se publica o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de setembro de 2022, polo que se aproba a creación dunha unidade administrativa temporal para a xestión de fondos de recuperación e resiliencia (FRR) e doutros fondos europeos na Consellería do Medio Rural.

Fondos europeos.- Resolución do 5 de outubro de 2022 pola que se publica o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de setembro de 2022 polo que se aproba a creación dunha unidade administrativa temporal para a xestión de fondos de recuperación e resiliencia (FRR) e doutros fondos europeos na Axencia Galega de Industria Forestal.

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Concesións.- Resolución do 14 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade da relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 9 de marzo de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR604A).

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Concesións.- Resolución do 19 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o terceiro e cuarto trimestres de 2021.

Concesións.- Resolución do 27 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o primeiro trimestre de 2022.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Acordo do 16 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Ampliación Alto da Croa II, no concello de Dumbría (expediente IN408A 2019/020).

 

BOP Pontevedra 11 DE OUTUBRO (195)

COMUNIDAD DE REGANTES DE PEREIRAS–ACHAS

Exposición pública.- Dos estatutos polos cales rexerase a comunidade.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias