NORMATIVA DO DIA 13 DE OUTUBRO DE 2022

Axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras

DOG 13 DE OUTUBRO (195)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Castaña.- Orde do 3 de outubro de 2022 pola que se modifica a Orde do 2 de agosto de 2017 pola que se crea a Mesa da Castaña e se regula a súa organización, funcionamento e composición.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Corrección de erros.- da Resolución do 5 de agosto de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 4 de agosto de 2022, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural.

Corrección de erros.- da Resolución do 5 de agosto de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 4 de agosto de 2022, polo que se aproba a relación de postos de traballo do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR616B). (Extracto)

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

Convocatoria.- Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G). (Extracto)

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Acordo do 28 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Monte da Croa, nos concellos de Dumbría e Vimianzo, A Coruña (expediente IN408A 2019/105).

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Informe de impacto ambiental.- Anuncio do 27 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de instalación dunha planta de compostaxe nunha explotación avícola de ceba de pavos, na parroquia de Ligonde, no concello de Monterroso (Lugo) (expediente 2021/0179).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concentración parcelaria.- Anuncio do 26 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental relativa á zona de concentración parcelaria de Val-Bermés-Sello, no concello de Lalín (Pontevedra).

 

BOP A Coruña 13 DE OUTUBRO (194)

MAÑÓN

Incendios.- Aprobación inicial plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais.

SANTA COMBA

Camiños municipais.- Aprobación definitiva de Modificación da Ordenanza Municipal Reguladora da protección dos caminos municipais en relación coas operación forestais, accesos ás fincas e conservación das mesmas.

 

BOP Ourense 13 DE OUTUBRO (235)

SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO DE PONTEVEDRA

Exposición pública.- da solicitude de autorización administrativa previa e de declaración, en concreto, de utilidade pública da liña eléctrica aéreo/subterránea de M.T. a 20 kV e centro de transformación 160 kVA para alimentación de servizos auxiliares da subestación “Beariz 400 kV”, situados no termo municipal de Beariz (Ourense)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias