UNIÓNS AGRARIAS PIDE AMPLIAR O LISTADO DE CONCELLOS AFECTADOS POLO LOBO

A nova PAC prevé axudas específicas para as zonas con alta incidencia de ataques

Santiago, 18 de nov. de 2022.- Unións Agrarias vai presentar nos rexistro da Xunta de Galicia unha solicitude de rectificación do listado de concellos afectados polo ataques de lobo que manexa a Consellería do Medio Rural para asignar as axudas que a nova PAC prevé para zonas con alta incidencia de danos na gandería.

Estas axudas enmárcanse dentro da nova liña “Xestión sostible de pastos en zonas de convivencia con grandes carnívoros”, onde as superficies indemnizables estarán dentro dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia designados como zonas con presenza de grandes carnívoros. As condicións de elexibilidade para as explotacións son estar localizadas nunha desas áreas, realizar pastoreo, dispor un mínimo de 15 cabezas de gando maior ou equivalente, e dispor de sistemas de vixilancia ou coidado do gando (dispositivos de xeolocalización e/ou cans de garda-mastíns). Nestas condicións as explotacións poderían optar a uns pagos anuais compensatorios de ata 75 Euros por hectárea.

A organización agraria ten detectado que a Consellería de Medio Rural estaba a propoñer un listado de concellos de alta incidencia por ataques do lobo xa obsoleto, pois databa do ano 2009 cando se redactou o Plan de Xestión do Lobo. Porén, á vista da reiteración dos ataques que estaban a darse noutras zonas, esa relación foi actualizada pola Consellería de Medio Ambiente no ano 2021 coa incorporación de 22 concellos adicionais.

Alén diso, UUAA reclama que se inclúan nos censos varias zonas a maiores das que figuraban no listado de Medio Ambiente. Trátase de Piñor e San Cristovo de Cea en Ourense, Pedrafita e As Nogais nos Ancares, Bóveda e Cervo na Mariña, e Chantada na Ribeira Sacra. Zonas todas elas nas que se teñen rexistradas perdas recorrentes nas ganderías debido aos ataques do lobo sen que ata o de agora se teñan incorporado ao listado de alta incidencia.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias