NORMATIVA DO DÍA 28 DE NOVEMBRO DE 2022

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 28 DE NOVEMBRO (285)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE POLÍTICA TERRITORIAL

Convenios.- Resolución de 18 de noviembre de 2022, de la Dirección General de la Administración General del Estado en el Territorio, por la que se publica el Convenio con la Federación Española de Municipios y Provincias, para la puesta en marcha de un proyecto de acercamiento de la administración a la ciudadanía del mundo rural.

 

DOG 28 DE NOVEMBRO (226)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Parques eólicos.- Anuncio do 11 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto parque eólico Monte da Croa, nos concellos de Dumbría e Vimianzo (expediente 2020/0154).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Edicto do 10 de novembro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Pena de Cabras, A Costa, Xenestévez, O Igrexario, Costa do Riveiro, e A Costa do Porto da Vila 1 e A Costa do Porto da Vila 2, a favor dos veciños/as da parroquia de Xestosa (Santa María), no concello de Toén (Ourense).

Información pública.- Anuncio do 9 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete á información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas dun monte situado na provincia de Lugo. (O Íncio)

 

BOP Pontevedra 28 DE NOVEMBRO (227)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Premios.- Bases reguladoras dos premios anuais ao emprendemento da provincia de Pontevedra. (Extracto)

POIO

Incendios.- Trámite de información pública modificación Plan de prevención e defensa contra incendios forestais.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias