A SUBA DOS CUSTOS COMPROMETE A RENDA DOS GANDEIROS EN TERNERA GALLEGA SUPREMA

A pesar da revalorización nun 18% da produción tras o acordo asinado os produtores seguen sen percibir prezos suficientes

Santiago, 7 de decembro de 2022.- Os produtores de gando de carne con certificación no selo Ternera Gallega Suprema ven como día a día as súas rendas van perdendo viabilidade polos incrementos desmesurados de custos que están a padecer na alimentación animal, que xa supera os 400 euros/tn no penso.

Este contexto de inestabilidade derivado da situación dos mercados internacionais está a provocar que se vexan comprometidas as melloras que se conseguiron logo da sinatura do Acordo pola mellora da rendibilidade asinado polos elos da cadea de valor do sector cárnico o pasado mes de marzo. Uns incrementos que se cifran nun 18,1% no que vai de ano o que supuxo un incremento nas cotizacións de 0,93 Euros.

Desde a organización Unións Agrarias reclámase un maior control sobre a formación de prezos polo que reclama que se active dunha vez o Observatorio de prezos tal como se acordara no momento de botar a andar o citado protocolo. Tamén resulta de vital necesidade que se dote de recurso a chamada AICA galega para lograr un control efectivo na aplicación dos custes de produción nos contratos de aprovisionamento que asinan os matadoiros cos produtores.

A IXP Ternera Gallega produce 22.562 toneladas de carne dos cales 11.499 Toneladas son de Ternera Gallega Suprema, que saen de case 8.000 ganderías en Galicia, de zonas especialmente sensibles demográfica, ambiental e socialmente polo que deben de ser tratadas como prioritarias e referentes económicos no interior da nosa Comunidade.

Desde UUAA reclámase un incremento nos plans de comercialización da carne galega certificada xa que neste momento acada un 16% de cota de mercado en España neste ranking. Ademais hai ter en conta que so o 47% se comercializa fora de Galicia o que deixa unha marxe de crecemento importante pola súa calidade contrastada e recoñecemento nas persoas consumidoras.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias