NORMATIVA DO DÍA 13 DE DECEMBRO DE 2022

Primas de mantemento das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais de 2016.

BOE 13 DE DECEMBRO (298)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Convenios.- Resolución de 1 de diciembre de 2022, de la Dirección General de Desarrollo Rural, Innovación y Formación Agroalimentaria, por la que se publica el Convenio con Caixabank, SA, para el desarrollo de actuaciones en materia de innovación, formación e implementación financiera relativa al sector agroalimentario.

 

DOG 13 DE DECEMBRO (235)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 28 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais (código de procedemento MR674B). (Extracto)

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

Ampliación do prazo de xustificación.- Resolución do 2 de decembro de 2022 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Acordo do 2 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Escoiras, nos concellos de Muras e Ourol (expediente IN408A/2020/018).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias