NORMATIVA DO DÍA 3 DE XANEIRO DE 2023

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 3 DE XANEIRO (2)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

Convocatoria.- Resolución do 15 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2023 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (código de procedemento SI434A). (Extracto)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Prezo.- Orde do 19 de decembro de 2022 pola que se fixa o prezo privado para a venda ao público dunha publicación editada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Información pública.- Anuncio do 29 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación da revisión da autorización ambiental integrada da planta de elaboración de produtos lácteos que Oviganic Ibérica, S.L. posúe no concello de Monforte de Lemos (Lugo) (expediente 2020-IPPC-M-18).

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Información pública.- Anuncio do 21 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se someten ao trámite de información pública o proxecto de trazado do eixe de mobilidade sustentable en Santiago de Compostela, treito Estación Intermodal-San Caetano, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave AC/22/088.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Información pública.- Anuncio do 21 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se someten ao trámite de información pública o proxecto de trazado do eixe de mobilidade sustentable en Santiago de Compostela, treito de acceso ao Hospital Clínico Universitario de Santiago, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave AC/22/087.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Información pública.- Anuncio do 21 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se someten ao trámite de información pública o proxecto de trazado do eixe de mobilidade sustentable en Santiago de Compostela, treito O Milladoiro-Estación Intermodal, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave AC/22/085.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concentración parcelaria.- Anuncio do 14 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución para o emprazamento ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a todas as persoas interesadas no procedemento ordinario número 7351/2022 con motivo dun recurso contra a resolución da solicitude de revisión de oficio relacionada co acordo de concentración parcelaria da zona de Vilapedre (Vilalba-Lugo), así como para a remisión do expediente ao dito tribunal.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias