NORMATIVA DO DÍA 5 DE XANEIRO DE 2023

Axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre. Axudas aos custos derivados da instalación de valados fixos como medida de prevención dos danos que poida ocasionar o lobo.

BOE 5 DE XANEIRO (4)

I. DISPOSICIONES GENERALES

MINISTERIO DE INCLUSIÓN, SEGURIDAD SOCIAL Y MIGRACIONES

Seguridad Social. Incapacidad temporal.- Real Decreto 1060/2022, de 27 de diciembre, por el que se modifica el Real Decreto 625/2014, de 18 de julio, por el que se regulan determinados aspectos de la gestión y control de los procesos por incapacidad temporal en los primeros trescientos sesenta y cinco días de su duración.

 

DOG 5 DE XANEIRO (4)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Orzamentos.- Resolución do 20 de decembro de 2022 pola que se publica o estado de execución do orzamento da Comunidade Autónoma e as súas modificacións, así como a situación da tesouraría e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias correspondentes ao segundo trimestre de 2022.

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Convocatoria.- Orde do 13 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MT809D). (Extracto)

Convocatoria.- Orde do 13 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos custos derivados da instalación de valados fixos como medida de prevención dos danos que poida ocasionar o lobo e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MT809F). (Extracto)

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

Corrección de erros.- da Orde do 28 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Impacto Autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR809EA)

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Aldeas modelo.- Resolución do 20 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de concorrencia competitiva para a selección de propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas ás aldeas modelo de Osmo (Cenlle-Ourense) e Muimenta (Carballeda de Avia-Ourense) (código de procedemento MR711C).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Acordo do 28 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Monte San Bartolomeu, nos concellos de Abegondo, Ordes, Mesía, Carral e Cerceda (expediente IN408A 2019/081).

 

BOP Ourense 5 DE XANEIRO (4)

COMUNIDADE DE REGANTES DAS POZAS DE XERMEADE

Asemblea.- Convocatoria de asemblea. (Páx. 14)

Anuncio.- Exposición de estatutos. (Páx. 14)

COMUNIDADE DE REGANTES DA LEVADA DE XERMEADE – PRADO

Asemblea.- Convocatoria de asemblea. (Páx. 14)

Anuncio.- Exposición de estatutos. (Páx. 15)

COMUNIDADE DE REGANTES NOVA LIMIA

Asemblea.- Convocatoria de asemblea. (Páx. 15)

 

BOP Pontevedra 5 DE XANEIRO (4)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Premios.- Bases reguladoras para a concesión dos “I Premios turismo sostible provincia de Pontevedra”.

CÁMARA DE COMERCIO DE PONTEVEDRA, VIGO E VILAGARCÍA

Convocatoria.- Programa sostenibilidad 2023.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias