NORMATIVA DO DÍA 11 DE XANEIRO DE 2023

Relación de solicitudes aprobadas e denegadas das axudas de agroambiente e clima e agricultura ecolóxica 2022.

BOE 11 DE XANEIRO (9)

I. DISPOSICIONES GENERALES

JEFATURA DEL ESTADO

Medidas urgentes.- Real Decreto-ley 1/2023, de 10 de enero, de medidas urgentes en materia de incentivos a la contratación laboral y mejora de la protección social de las personas artistas.

 

DOG 11 DE XANEIRO (7)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

Convocatoria.- Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas en situación de garda con fins adoptivos no ano 2023, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B). (Extracto)

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

Concesións.- Resolución do 5 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade da relación de solicitudes aprobadas e denegadas das axudas de agroambiente e clima (submedida 10.1) e de agricultura ecolóxica (submedidas 11.1 e 11.2) financiadas ao 100 % polo Fondo EURI.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Resolución do 19 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Canedo, sito nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo), promovido por Galfor Eólica, S.L. (LU-11/136-EOL). (Extracto)

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Parques eólicos.- Anuncio do 28 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico As Encrobas e a súa liña de evacuación, nos concellos de Carral, Cerceda e Ordes (A Coruña) (expediente 2021/0006).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias