DOG 16 DE XANEIRO (10)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Concesións.- Anuncio do 14 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR605A) (Diario Oficial de Galicia número 38, do 24 de febreiro).
Asemblea.- Anuncio do 21 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria da asemblea para a constitución da Xunta Xestora do Monte Abertal de Ferreirós de Valboa, do concello de Becerreá (Lugo).
Concentración parcelaria.- Anuncio do 26 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución para o emprazamento ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a todas as persoas interesadas nos procedementos ordinarios números, 7352/2022, 7353/2022, 7354/2022, 7355/2022, 7356/2022, 7357/2022 con motivo de recurso contra a resolución da solicitude de revisión de oficio relacionada co acordo de concentración parcelaria da zona de Vilapedre (Vilalba-Lugo), así como para a remisión do expediente ao dito tribunal.