DOG 18 DE XANEIRO (12)
I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Corrección de erros.- do Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural.
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
Concesións.- Resolución do 2 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as axudas con cargo á Resolución do 6 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades, xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, no ano 2022 (código de procedemento SI452A) (Diario Oficial de Galicia número 179, do 20 de setembro).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Convocatoria.- Orde do 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para ao ano 2023-2024 (código de procedemento MR237B). (Extracto)
AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA
Modelo 600.- Resolución do 10 de xaneiro de 2023 pola que se modifica o anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Convocatoria.- Resolución do 20 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para caldeiras de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento IN421N e IN421P). (Extracto)
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Parques eólicos.- Resolución do 10 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Monte Carrio II, situado nos concellos de Lalín e Vila de Cruces, provincia de Pontevedra (IN408A 2020/69).
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Parques eólicos.- Anuncio do 3 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Seselle, no concello de Oza-Cesuras (expediente 2020/0102).
Parques eólicos.- Anuncio do 3 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Neboada, nos concellos de Quiroga e Ribas de Sil (Lugo), e A Pobra de Trives, A Rúa, San Xoán de Río e Vilamartín de Valdeorras (Ourense) (expediente 2020/0202).