NORMATIVA DO DÍA 26 DE XANEIRO DE 2023

Plans de mellora, incorporación de persoas mozas e pequenas explotacións.

DOG 26 DE XANEIRO (18)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

Concesións.- Resolución do 12 de xaneiro de 2023 pola que se publica a Resolución do 31 de decembro de 2022 que finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde do 23 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado pola consellería con competencias en materia de política social e xuventude (código de procedemento BS623D).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Reestruturación parcelaria.- Decreto 1/2023, do 12 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a reestruturación parcelaria da zona de Freixeiro (Santa Comba, A Coruña).

Reestruturación parcelaria.- Decreto 2/2023, do 12 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a reestruturación parcelaria da zona de Roás (Cospeito, Lugo).

Reestruturación parcelaria.- Decreto 3/2023, do 12 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a reestruturación parcelaria da zona de Montes de Fao e Novefontes (Touro, A Coruña).

Reestruturación parcelaria.- Decreto 4/2023, do 12 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a reestruturación parcelaria da zona de Lamas-Loureda-Sergude-Vigo (Boqueixón, A Coruña).

Reestruturación parcelaria.- Decreto 5/2023, do 12 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a reestruturación parcelaria da zona das Lamas (Cospeito, Lugo).

Reestruturación parcelaria.- Decreto 6/2023, do 12 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a reestruturación parcelaria da zona de Herbón (Padrón, A Coruña).

Reestruturación parcelaria.- Decreto 7/2023, do 12 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a reestruturación parcelaria da zona de Castenda (Tordoia, A Coruña).

Reestruturación parcelaria.- Decreto 8/2023, do 12 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a reestruturación parcelaria da zona de Baltar-Golán-Grobas (Melide, A Coruña).

Reestruturación parcelaria.- Decreto 9/2023, do 12 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a reestruturación parcelaria da zona de Arcillá-Bestar-Vilar-Sisoi (Cospeito, Lugo).

Convocatoria.- Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B). (Extracto)

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

Concesións.- Resolución do 17 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Parques eólicos.- Resolución do 21 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Outes, sito nos concellos de Negreira e Outes (A Coruña) e promovido por Norvento, S.L. (expediente IN661A 2010/13). (Extracto)

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Acordo do 18 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Muruás, nos concellos de Muras e Ourol (expediente IN408A/2019/088).

 

BOP A Coruña 26 DE XANEIRO (18)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Subvencións.- Resolución pola que se dispón avocar a aprobación das bases do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios no ano 2023.

 

BOP Ourense 26 DE XANEIRO (21)

CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL, O.A.

Exposición pública.- do expediente relativo á extinción do dereito ao aproveitamento de augas, dun canal de desaugadoiro, da Comunidade de Regantes do Toxal, en Porqueira, con destino a rega.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias