UUAA MELLORA O SEU POSICIONAMENTO NOS COMICIOS DOS CONSELLOS REGULADORES DE DOs E IXPs

Duplica a súa presenza en Ternera Gallega e acada un resultado histórico no Ribeiro, con 2 vogais

Santiago 19 de febreiro de 2023.- Unións Agrarias ven de vencer no proceso de renovación dos 8 Consellos Reguladores de Denominacióna de Orixes e 6 Indicacións Xeográficas Protexidas que tivo lugar no día de hoxe en toda Galicia. Uns comicios nos que a organización agraria acadou un total de 22 vogais nos 15 órganos reitores que se renovaban.

UUAA mellora claramente os resultados acadados na última convocatoria, quedando por diante doutras organizacións agrarias como Asaga, SLG ou Fruga. Tamén resultou moi claro os escrutinio na IXP Ternera Gallega, onde Unións Agrarias gañou en 6 das 12 mesas de votación e en 3 das 4 provincias, duplicando a súa representación e pasando de 1 a 2 vogais. Ademais, a organización destaca os resultados acadados no Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, onde acadou un resultado histórico con 2 vogais.

Roberto García, secretario xeral de UUAA, ademais de trasladar o mais sentido agradecemento a todos os produtores e produtoras pola confianza renovada no traballo realizados pola organización agraria, manifesta que estes resultados “serven de empuxe para manter a liña de actuación de UUAA baseada na responsabilidade, na firmeza e no diálogo”.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias