DOG 10 DE MARZO (49)
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Parques eólicos.- Acordo do 17 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto de execución do parque eólico Faro Modificado 1, no concello do Vicedo (expediente LU-11/130-EOL).
Parques eólicos.- Resolución do 28 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico das instalacións do parque eólico A Espada, situado nos concellos de Agolada e Lalín (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo), promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. (expediente IN408A 2019/056).
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Parques eólicos.- Anuncio do 28 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto Parque eólico Lamas II, nos concellos de Baltar, Os Blancos e Calvos de Randín (expediente 2023/0029).
BOP A Coruña 10 DE MARZO (48)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Extracto.- da Resolución número 2023/6539 de 16 de febreiro de 2023, da Presidencia da Deputación pola que se aproba a convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para actividades de promoción económica durante o ano 2023 (FOENAA/2023).
BOP Pontevedra 9 DE MARZO (48)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Concesións.- Resolución da primeira fase da convocatoria de subvencións para a implantación de agro-compostaxe en sinerxía cos biorresiduos municipais.