NORMATIVA DO DÍA 13 DE MARZO DE 2023

Regulamento dos rexistros de produtos fitosanitarios mantidos por usuarios profesionais.

DOUE  13 DE MARZO

LEGISLACIÓN (L74)

REGLAMENTOS

Fitosanitarios.- Reglamento de Ejecución (UE) 2023/564 de la Comisión de 10 de marzo de 2023 por lo que se refiere al contenido y el formato de los registros de productos fitosanitarios mantenidos por usuarios profesionales de conformidad con el Reglamento (CE) n.o 1107/2009 del Parlamento Europeo y del Consejo.

DECISIONES

Estadística.- Decisión de Ejecución (UE) 2023/570 de la Comisión de 10 de marzo de 2023 por la que se conceden a determinados Estados miembros excepciones a la aplicación del Reglamento (CE) n.o 138/2004 del Parlamento Europeo y del Consejo, sobre las cuentas económicas de la agricultura.

DOG  13 DE MARZO (50)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Patrimonio natural.- Resolución do 27 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se inclúen catrocentas zonas húmidas no Inventario de zonas húmidas de Galicia.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Modificación das bases.- Orde do 6 de marzo de 2023 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR553A, MR553B e MR550A).

Ampliación do prazo de xustificación.- Orde do 6 de marzo de 2023 pola que se modifica o prazo de xustificación das axudas previsto na Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR462B).

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

Concesións.- Resolución do 2 de marzo de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas, ás solicitudes non admitidas a trámite, desistidas e denegadas por falta de crédito, no ano 2022, ao abeiro da Resolución do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Información pública.- Acordo do 14 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2022/338-1).

Información pública.- Acordo do 16 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Aranga (expediente IN407A 2022/235-1).

BOP Ourense  13 DE MARZO (59)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Convocatoria.- Bases reguladoras da convocatoria do concurso para a concesión de subvencións para gastos de investimento de asociacións veciñais de Ourense, correspondentes ao exercicio 2023. (Páx. 59)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias