A organización Unións Agrarias reuniu este venres na Casa da Cultura de Sarria a máis de 250 produtores para informar sobre as novidades que presenta o novo ordenamento da PAC e tamén das oportunidades que aporta as axudas vinculadas ao Kit Dixital de cara á modernización de equipos produtivos.
Na charla, na que participaron Javier Iglesias, responsable de xestión de PAC e PDR de Unións Agrarias e Miguel Tomé, responsable da oficina da organización en Sarria, abordouse tamén o RD de Nutrición Sostible dos Solos Agrarias, que está a xerar unha grande incerteza polas repercusións económicas que vai ter para as explotacións a renovación dos equipos para o tratamento dos puríns.
O encontro tamén permitiu para abordar as novidades do chamado SIEX (Sistema de Información de Explotacións Agrícola e Gandeiras). Un sistema que incrementará a carga de traballo e a burocracia para as granxas debido ao control rigoroso que os gandeiros van ter que levar do aprovisionamento e manexo do animais nas explotacións.