NORMATIVA DO DÍA 24 DE MARZO DE 2023

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG  22 DE MARZO (57)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Aldeas modelo.- Orde do 16 de marzo de 2023 pola que se regula a presentación electrónica de solicitudes de declaración de aldea modelo (código de procedemento MR713A).

AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

Ampliación do prazo de solicitude.- Resolución do 15 de marzo de 2023 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado pola Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluído no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (código de procedemento TU986B). (Extracto)

VI. ANUNCIOS

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Aldeas modelo.- Resolución do 16 de marzo de 2023 pola que se fai pública a declaración da aldea modelo do Seixo (A Gudiña, Ourense), e a aprobación do seu proxecto de ordenación produtiva.

Aldeas modelo.- Resolución do 16 de marzo de 2023 pola que se fai pública a declaración da aldea modelo de Carzoá (Cualedro, Ourense) e a aprobación do seu proxecto de ordenación produtiva.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias