NORMATIVA DO DÍA 17 DE ABRIL DE 2023

Axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade.

DOUE  17 DE ABRIL

LEGISLACIÓN (L102)

REGLAMENTOS

FEAGA e FEADER.- Reglamento Delegado (UE) 2023/813 de la Comisión de 8 de febrero de 2023 que modifica el Reglamento (UE) 2021/2115 del Parlamento Europeo y del Consejo en lo que atañe a las asignaciones de los Estados miembros para pagos directos y al desglose anual por Estado miembro de la ayuda de la Unión para el desarrollo rural. (Non afecta ás asignacións a España)

DOG  17 DE ABRIL (73)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

Requirimentos.- Resolución do 5 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica o requirimento de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 14 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2023, 2024, 2025 e 2026, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

Convocatoria.- Resolución do 4 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR362A). (Extracto)

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Información pública.- Acordo do 21 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente 2022/30 ATE).

Información pública.- Acordo do 5 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, do proxecto da LAT 132 kV colectora de SE Serra do Faro-SE Valdepereira, sita nos concellos de Dozón, na provincia de Pontevedra, e O Irixo, Piñor e San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense (expediente IN408A 2021/15).

Parques eólicos.- Anuncio do 30 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afeccións do parque eólico Marcofán, nos concellos do Irixo, Boborás e Beariz (expediente IN408A 2017/020).

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Cambio de uso.- Anuncio do 30 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Cabanelas, no concello do Carballiño (expediente 2022/0032).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Ordenación forestal.- Resolución do 29 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade da resolución do expediente con código PO-00021546H(2.1), titulado Proxecto de ordenación forestal Trasparga, concello de Guitiriz, provincia de Lugo, en cumprimento do artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

CMVMC.- Anuncio do 28 de marzo de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 15 de marzo de 2023 relativa ao acto de conciliación formulado polos representantes do monte veciñal en man común Veiga e Cumieira e o monte veciñal en man común Veiga de Golpellás, Santo Tomé, Briñás e Peixón, e entre o monte veciñal en man común Veiga e Cumieira e o monte veciñal en man común Veiga, Gralleiro e Fachado, no concello de Calvos de Randín.

BOP Ourense  17 DE ABRIL (87)

MONTEDERRAMO

Natalidade.- Extracto da convocatoria para a concesión de axudas económicas para o fomento da natalidade, ano 2023. (Páx. 6)

COMUNIDADE DE REGANTES DE SANTO ANDRÉ DE PORQUEIRÓS (MUÍÑOS)

Asemblea.- Convocatoria de asemblea xeral. (Páx. 20)

Estatutos.- Exposición de estatutos. (Páx. 20)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias