UNIÓNS AGRARIAS ADVIRTE DOS DANOS DO CORZO NOS VIÑEDOS DO RIBEIRO E RECLAMA MEDIDAS DE CONTROL

A tendencia de danos da fauna salvaxe no viñedo ourensán está a aumentar cada temporada

Ourense, 09 de maio de 2023 – Unións Agrarias está a recebir nas súas oficinas comarcais de Ourense, Rivadavia e O Carballiño queixas xeralizadas polos danos que a fauna salvaxe, principalmente o corzo, está a producir nos viñedos da Denominación de Orixe Ribeiro.

Nesta última semana as denuncias concéntrase principalmente en Beade, aínda que tamén se teñen rexistrado danos en Toén e Castrelo de Miño. As incursións dos corzos rexistradas nestes días  poden comprometer o abrocho dunha parcela nunha soa noite e, segundo o caso, producir feridas na madeira das cepas que as fai susceptibles a todo tipo de enfermedades fúnxicas, incursionando en parcelas onde é inviable proceder ao peche completo, e onde os animais están incluso a traspasar os peches de protección con pastores eléctricos.

Dase a circunstancia de que en Beade existen  terreos sometidos a réximen cinexético común ou zonas libres de caza, aqueles que a vixente Lei 13/2013 de caza de Galicia, clasifica como tales cando non están xestionados por ningunha Sociedade de Caza baixo a figura de Terreo Cinexéticamente Ordeado ou TECOR, co cal nesa zona a responsabilidade do control poboacional do xabarín e dos danos que produza en cultivos,  ven sendo directamente da Xunta de Galicia.

O sindicato ven de solicitar por escrito á Xefatura Territorial de Medio Ambiente de Ourense, de medidas inmediatas de control destes danos, estando pendentes de fixar a data dunha xuntanza de traballo para fixar a estratexia e a posible realización de esperas, axexos ou batidas.

Nas zonas produtoras, a fin de compatibilizar a presenza da fauna cinexética coa actividade agraria, Unións Agrarias entende que non queda máis remedio que diminuir a súa poboación no medio prazo, centrando a presencia da fauna cinexética ao monte, e non nos entornos agrarios onde produce danos aos produtores.

Unións Agrarias insta á Xunta a abordar de xeito integral a tendencia crecemente detectada nos danos producidos pola fauna salvaxe nas vides. Nese senso, a organización agrogandeira fai un chamamento para que a administración autonómica actúe de xeito coordinado cos TECOR e Sociedades de Caza; e fai fincapé na importancia de incidir na prevención para ir por diante da repetición de danos que cada ano se producen nas producións agrarias; no momento da saída dos brotes, no que agora nos atopamos; e de novo máis adiante,  nas semanas previas á colleita, cando é habitual que a fauna salvaxe volte acceder ás vides para alimentarse dos acios de uvas.

A produción de uva en Ourense, ven sendo unha das últimas actividades agrarias que xestionan o territorio na provincia, toda vez que xa non existe apenas produción de leite, e a de carne diminúe ano a ano, así como a actividade forestal, que apenas supón o 5% do conxunto de Galicia. Polo que é fundamental coidar a produción de uva e a rendabilidade destas explotacións para evitar o abandono e axudar así na prevención do lume e a protección do territorio.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias