NORMATIVA DO DÍA 15 DE MAIO DE 2023

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG  15 DE MAIO (92)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Cambio de uso.- Anuncio do 2 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola de varias parcelas para viñedo no monte veciñal en man común Campo de Cerves e Corredoira, na parroquia de Vilar de Rei, no concello de Cenlle (expediente 2022/0143).

Cambio de uso.- Anuncio do 2 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela para viñedo na parroquia de San Xián de Sales, no concello de Vedra (expediente 2022/0120).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias