DOGA 19 DE MAIO (94)
III.OUTRAS DISPOSICIÓNS
AXENCIA GALEGA DE CALIDADE ALIMENTARIA
Resolución. Listaxe de beneficiarios participantes en varios réximenes de calidade.TG-AE-VB-MG-M. do 8 de maio de 2023 pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 17 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022.
Resolución.-Listaxe de beneficiarios axudas apoio as actividades de información. do 8 de maio de 2023 pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2022.
Resolución.-Listaxe de beneficiarios das axudas para gastos de funcionamento aos consellos reguladores. do 8 de maio de 2023 pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de xuño de 2022, polo que se autoriza esta axencia para a concesión de subvencións aos consellos reguladores das denominacións de calidade para gastos de funcionamento para o exercicio 2022.
Resolución.-Listaxe de beneficiarios das axudas para programas de calidade aos consellos reguladores. do 8 de maio de 2023 pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 11 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2022.
VI .ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA PRIMERA E CONSELLERIA DE ECONOMIA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Instalación eléctrica.-ACORDO do 19 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Monterrei (expediente IN407A 2023/073-3).
Instalación eléctrica. ACORDO do 21 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Rianxo (expediente IN407A 2023/058-1).
Instalación eléctrica. ACORDO do 21 de abril de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 2023/061-1).