NORMATIVA DO DÍA 23 DE MAIO DE 2023

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE  23 DE MAIO (122)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Convenio.- Resolución de 17 de mayo de 2023, de la Dirección General de Políticas contra la Despoblación, por la que se publica la Adenda de prórroga y modificación al Convenio con la Universidad de A Coruña, para la realización del Programa Campus Rural de prácticas universitarias en el medio rural.

DOG  23 DE MAIO (96)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

LEADER.- Resolución do 11 de maio de 2023 pola que se modifica a distribución de importes, por tipoloxías de proxectos, en relación coa Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se convocaron, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (código de procedemento MR701D

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Contencioso-administrativo.- Resolución do 19 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 4076/2023, interposto contra a Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR553C).

CMVMC.- Anuncio do 2 de maio de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 21 de marzo de 2023 relativa á revisión do esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Xugo da Bola, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Dadín, no concello do Irixo.

CMVMC.- Anuncio do 3 de maio de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 16 de marzo de 2023 relativa á revisión do esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Comunal de San Paio, pertencente á Comunidade de Veciños en Man Común de San Paio, no concello de Castrelo do Val.

BOP Pontevedra  23 DE MAIO (97)

COMUNIDADE DE REGANTES O REGO DE SELA (ARBO)

Anuncio.- Exposición de estatutos.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias