NORMATIVA DO DÍA 25 DE MAIO DE 2023

Premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca.

BOE  25 DE MAIO (124)

I. DISPOSICIONES GENERALES

JEFATURA DEL ESTADO

Vivienda.- Ley 12/2023, de 24 de mayo, por el derecho a la vivienda.

Tributos.- Ley 13/2023, de 24 de mayo, por la que se modifican la Ley 58/2003, de 17 de diciembre, General Tributaria, en transposición de la Directiva (UE) 2021/514 del Consejo de 22 de marzo de 2021, por la que se modifica la Directiva 2011/16/UE relativa a la cooperación administrativa en el ámbito de la fiscalidad, y otras normas tributarias.

DOG  25 DE MAIO (98)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Leite.- Orde do 15 de maio de 2023 pola que se convocan para o ano 2023 os premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia.

Ampliación do orzamento.- Orde do 16 de maio de 2023 pola que se modifica a dotación orzamentaria da Orde do 23 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR670B). (Extracto)

Convocatoria.- Orde do 22 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas á realización de certames de gando bovino selecto e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR562A). (Extracto)

Convenios.- Resolución do 12 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Instalación eléctrica.- Acordo do 2 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2023/14-2).

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Cambio de uso.- Anuncio do 11 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola de varias parcelas nas parroquias de Larín, Muro e Oleiros, no concello de Láncara (Lugo) (clave 2022/0167).

Cambio de uso.- Anuncio do 11 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola, para viñedo, de varias parcelas na parroquia da Proba, no concello do Barco de Valdeorras (Ourense) (clave 2022/0103).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Madeira.- Resolución do 27 de abril de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a convocatoria mediante procedemento aberto con criterio único (prezo) para un alleamento de madeiras na provincia da Coruña.

BOP A Coruña  25 DE MAIO (98)

ARTEIXO

Extracto.- da convocatoria do Programa de axudas ao Fomento do Emprego para o ano 2023. (Para a creación de empresas e para a contratación)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias