DOG 5 DE XUÑO (105)
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Parques eólicos.- Resolución do 25 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se someten a información pública a solicitude de modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Coto Frío e da súa infraestrutura de evacuación, situado nos concellos de Dozón (Pontevedra) Piñor e O Irixo (Ourense) e promovido por Coto Frío, S.L. (expediente IN661A DXIEM-03/11).
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Cambio de uso.- Anuncio do 22 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola, para viñedo, de varias parcelas na parroquia da Portela, no concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense) (expediente 2022/0190).
Cambio de uso.- Anuncio do 22 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela, na parroquia de Maceira, no concello de Lalín (Pontevedra) (expediente 2022/0170)
BOP A Coruña 5 DE XUÑO (105)
CEDEIRA
Incendios.- Aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Cedeira.