NORMATIVA DO DÍA 12 DE XUÑO DE 2023

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOUE  12 DE XUÑO

LEGISLACIÓN (L151)

DECISIONES

Sanidad animal.- Decisión de Ejecución (UE) 2023/1145 de la Comisión de 7 de junio de 2023 por la que se modifica la Decisión de Ejecución (UE) 2022/2333, relativa a determinadas medidas de emergencia en relación con la viruela ovina y la viruela caprina en España.

BOE  12 DE XUÑO (139)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA

Convenio.- Resolución de 1 de junio de 2023, de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A., por la que se publica la Adenda de modificación del Convenio con la Universidad de Santiago de Compostela, para la elaboración de un plan integral para aprovechamiento agronómico del regadío del Valle de Lemos.

DOG  12 DE XUÑO (110)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO

Esgotamento do crédito.- Resolución do 23 de maio de 2023 pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito da convocatoria efectuada pola Resolución do 21 de novembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, e se establece a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento MT402A), tramitado como expediente anticipado de gasto.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Acordo do 29 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (PIA) e o estudo de impacto ambiental (EIA) do parque eólico Varilongo, nos concellos de Santa Comba e Coristanco (expediente IN408A 2020/089), e a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da LMTS 20 kV de evacuación do parque eólico Varilongo, no concello de Santa Comba (expediente IN408A 2021/048).

Instalación eléctrica.- Anuncio do 22 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as persoas interesadas as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Monterrei.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concentración parcelaria.- Anuncio do 23 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución para o emprazamento ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo a todas as persoas interesadas no procedemento ordinario 75/2023/A, con motivo do recurso contra a Resolución do 3 de xaneiro de 2023, referida á zona de concentración parcelaria de Triabá (Castro de Rei), así como para a remisión do expediente ao dito xulgado.

Reestruturación parcelaria.- Anuncio do 23 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental da zona de reestruturación parcelaria de Soutochao, no concello de Vilardevós, Ourense.

BOP Lugo  12 DE XUÑO (133)

O CORGO

Natalidade.- Convocatoria de axudas económicas de pago único anual para o fomento da natalidade no concello do Corgo – Ano 2022.

RIBEIRA DE PIQUÍN

Fundación.- Aprobación da modificación dos estatutos da Fundación “TerrEo”.

BOP Ourense  12 DE XUÑO (133)

COMUNIDADE DE REGANTES SAN MIGUEL DE OUTEIRO (VILAMARTÍN DE VALDEORRAS)

Asemblea.- Convocatoria de asemblea. (Páx. 9)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias