NORMATIVA DO DÍA 15 DE XUÑO DE 2023

Axudas de mellora da eficiencia enerxética en vivenda, axudas de rehabilitación.

DOUE  15 DE XUÑO

LEGISLACIÓN (L154)

DECISIONES

Corrección de errores.- del Reglamento de Ejecución (UE) 2023/860 de la Comisión, de 25 de abril de 2023, por el que se modifica y corrige el Reglamento de Ejecución (UE) 2022/128 en lo que respecta a la transparencia, la declaración de gestión, el organismo de coordinación, el organismo de certificación y determinadas disposiciones relativas al FEAGA y al Feader (Diario Oficial de la Unión Europea L 111 de 26 de abril de 2023).

BOE  15 DE XUÑO (142)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Extracto.- de la Orden de 22 de mayo de 2023 por la que se convocan subvenciones a programas plurirregionales de formación dirigidos a los profesionales del medio rural para el ejercicio 2023.

DOG  15 DE XUÑO (113)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concesións.- Resolución do 6 de xuño de 2023 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas á apicultura e se convocan para o período estendido (do 1 de agosto ao 31 de decembro de 2022) do Programa nacional apícola 2020-2022 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Convocatoria.- Resolución do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E). (Extracto)

Convocatoria.- Resolución do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F). (Extracto)

Convocatoria.- Resolución do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G). (Extracto)

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

Concesións.- Resolución do 7 de xuño de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas, ás denegadas e ás solicitudes desistidas no ano 2023, ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de actividades formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia, tramitada como anticipada de gasto (código de procedemento IN501A).

 VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Acordo do 9 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto da LAT 66 kV evacuación parque eólico Outes nos concellos de Negreira, Outes e Noia (A Coruña), (expediente IN408A 2020/108).

Parques eólicos.- Resolución do 12 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Orballeira, sito nos concellos da Rúa, Vilamartín de Valdeorras e Quiroga e promovido por Sinagra Investiments, S.L. (expediente IN408A 2020/006). (Extracto)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concentración parcelaria.- Anuncio do 29 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican trámites de audiencia a dez persoas afectadas polo proceso de concentración parcelaria da zona de Val de Camba (Rodeiro, Pontevedra).

Forestal.- Anuncio do 30 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o expediente de extinción do convenio de Lagoa, Corno e Valinquente, número de elenco 2717535, do concello da Pontenova (expediente 30/2022).

Forestal.- Anuncio do 30 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o expediente de extinción do convenio de Beche, número de elenco 2717536, do concello da Pontenova (expediente 29/2022).

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Polígono agroforestal.- Acordo do 25 de maio de 2023 polo que se inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa pública de Mirallos, no concello da Peroxa.

Polígono agroforestal.- Acordo do 25 de maio de 2023 polo que se inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa pública de San Amaro, no concello de San Amaro.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias