NORMATIVA DO DÍA 20 DE XUÑO DE 2023

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG  20 DE XUÑO (116)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Solo.- Resolución do 8 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva da modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Curtis nas categorías de solo rústico.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Forestal.- Resolución do 12 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se autoriza a utilización de material forestal de Betula pubescens Ehrh. doutras rexións de procedencia nas repoboacións forestais da Comunidade Autónoma de Galicia.

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Secretaría do FOGGA.- Orde do 9 de xuño de 2023 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Resolución do 21 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Xeada, sito nos concellos da Rúa e Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e de Quiroga (Lugo) e promovido por Neiva Directorship, S.L. (expediente IN408A 2020/005). (Extracto).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 5 de xuño de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 17 de marzo de 2023, relativa á revisión do esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Touza, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Soutelo Verde e Carraxoó, no concello de Laza (Ourense).

BOP Pontevedra  20 DE XUÑO (118)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Gando frisón.- Licitación para o alleamento, mediante poxa pública á llana, de gando vacún da Finca Mouriscade.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias