DOG 27 DE XULLO (142)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Concesións.- Resolución do 14 de xullo de 2023 pola que se publica o resultado do proceso de selección da convocatoria de subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, convocatoria 2023 (código de procedemento MR711D).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Parques eólicos.- Resolución do 20 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Bustelo e Baralláns, sito nos concellos de Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña) e promovido por EDP Renovables España, S.L.U. (expediente IN408A/2020/061). (Extracto)
AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Aldeas modelo.- Resolución do 12 de xullo de 2023 pola que se aproba a Guía de ordenación produtiva da aldea modelo de Infesta (Monterrei, Ourense) e se integran cautelarmente na aldea modelo e se incorporan preventivamente ao Banco de Terras de Galicia determinadas parcelas.