NORMATIVA DO DÍA 2 DE AGOSTO DE 2023

Axudas para a elaboración de proxectos de dixitalización de comunidades de auga para regadío.

BOE  2 DE AGOSTO (183)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Ayudas regadío.- Orden TED/918/2023, de 21 de julio, por la que se aprueban las bases reguladoras de la concesión de ayudas por concurrencia competitiva para la elaboración de proyectos de digitalización de comunidades de usuarios de agua para regadío en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PERTE digitalización del ciclo del agua), y se aprueba la convocatoria del año 2023.

DOG  2 DE AGOSTO (146)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

Ampliación do orzamento.- Resolución do 27 de xullo de 2023 pola que se amplía o crédito da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN500A).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Corrección de erros da Resolución do 13 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Banzas, sito nos concellos de Outes, Mazaricos e Negreira (A Coruña) e promovido por Green Capital Power, S.L. (expediente IN408A/2017/0015).

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Solo.- Resolución do 14 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se somete a información pública o Plan básico municipal de Guntín.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Resolución do 24 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Orballeira, emprazado nos concellos da Rúa e Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e Quiroga (Lugo) e promovido por Sinagra Investiments, S.L. (expediente IN408A 2020/006).

BOP A Coruña  2 DE AGOSTO (146)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Concesións.- Resolución pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa OPAS: Convocatoria do programa de subvencións dirixido ás organizacións profesionais agrarias e labregas (OPAS) da provincia da Coruña para a realización de actividades durante o exercicio 2023.

BOP Lugo  2 DE AGOSTO (176)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Artesanía.- Bases da convocatoria para inscrición e admisión de obradoiros artesáns. Mostra Artesanfroilán.

Artesanía.- Bases da convocatoria para inscrición e admisión de obradoiros artesáns. Mercado de nadal.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias