DOG 17 DE AGOSTO (155)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE
Concesións.- Resolución do 7 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 4 de agosto de 2023 de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D).
Concesións.- Resolución do 8 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se publica a Resolución do 7 de agosto de 2023 de concesión das axudas para a posta en marcha de casas do maior convocadas na Orde do 11 de abril de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2023 e 2024, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Parques eólicos.- Resolución do 4 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, do proxecto do parque eólico segunda ampliación Xiabre, situado nos concello de Catoira, Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2007/2-4).
BOP Coruña 17 DE AGOSTO (156)
ORDES
Convocatoria.- Das axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado do “OBRADOIRO DE EMPREGO BRAÑAS DO ILLÓ-RÍO SAMO V” en actividades relacionadas coas especialidades de “Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas” ou con “Actividades auxiliares en mellora e conservación de montes”.
BOP Lugo 17 DE AGOSTO (188)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Concesións.- Resolución definitiva da concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas, posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico anualidade 2023.
BOP Ourense 17 DE AGOSTO (188)
COMUNIDADE DE REGANTES NOVA LIMIA
Asemblea.- Convocatoria da xunta xeral. (Páx. 23)
COMUNIDADE DE REGANTES “LAMAS-GANADE”
Asemblea.- Convocatoria da xunta xeral. (Páx. 24)
COMUNIDADE DE REGANTES ALTA LIMIA
Asemblea.- Convocatoria da xunta xeral. (Páx. 25)
COMUNIDADE DE REGANTES CORNO DO MONTE
Asemblea.- Convocatoria da xunta xeral. (Páx. 26)
COMUNIDADE DE REGANTES SAN SALVADOR DE SABUCEDO
Asemblea.- Convocatoria da xunta xeral. (Páx. 26)