DOG 18 DE AGOSTO (156)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Concesións.- Resolución do 7 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 23 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300C).
AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Aldea modelo.- Resolución do 4 de agosto de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de concorrencia competitiva para a selección de propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas á aldea modelo de Infesta (Monterrei-Ourense) (código de procedemento MR711C).
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Parques eólicos.- Anuncio do 3 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Pena Galluda (renovación tecnolóxica), no concello da Laracha (A Coruña) (expediente 2021/0109).
Solo.- Anuncio do 3 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan básico municipal do concello de Alfoz (expediente 2023AAE2797).
BOP Ourense 18 DE AGOSTO (189)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
Concesións.- Resolución do concurso público para a concesión de subvencións para proxectos de prestación de servizos sociais para o ano 2023. (Páx. 2)