DOG 21 DE AGOSTO (157)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Ampliación do prazo de solicitude.- Orde do 11 de agosto de 2023 pola que se modifica a Orde do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros, previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR616D e MR616E). (Extracto).
AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA
Convocatoria.- Resolución do 10 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o cuarto trimestre do exercicio orzamentario 2023 (código de procedemento MR302A). (Extracto).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Materiais Forestais de Reprodución.- Resolución do 2 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade da aprobación de unidades de admisión e da súa inclusión no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.