DOG 22 DE AGOSTO (158)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
Corrección de erros.- da Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Xempre autónomo para a promoción do emprego autónomo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR341D).
ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Formación.- Resolución do 21 de agosto de 2023 pola que se convoca un curso para o persoal veterinario colexiado nos ilustres colexios oficiais de veterinarios de Galicia. (Clasificación de canais de gando vacún 12h).
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Ampliación e redistribución do orzamento.- Resolución do 9 de agosto de 2023 pola que se amplían e redistribúen por anualidades os créditos orzamentarios recollidos na Resolución do 2 de xuño de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias (código de procedemento IN418D).
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Autorizacións ambientais integradas.- Anuncio do 4 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade a resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e a correccións de erros.
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Parques eólicos.- Resolución do 10 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Treboada, sito nos concellos de San Xoán de Río, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives (Ourense) e Ribas de Sil (Lugo) e promovido por Wind Grower, S.L. (expediente IN408A 2019/078).