DOG 23 DE AGOSTO (159)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
Convocatoria.- Orde do 1 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao financiamento do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023 (código de procedemento TR332E). (Extracto).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Modificación do orzamento.- Orde do 11 de agosto de 2023 pola que se modifica a dotación orzamentaria da Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR605A).
AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA
Formación.- Resolución do 17 de agosto de 2023 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas no procedemento de adxudicación de prazas de residencia e/ou comedor nos centros de formación e experimentación agraria para o curso académico 2023/24 (código de procedemento MR207A).
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Informe de impacto ambiental.- Anuncio do 9 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación dun cebadeiro de xatos, na parroquia de Toldaos, no concello de Triacastela (expediente 2022/0127).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Anuncio do 2 de agosto de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo aos montes das parroquias de Santa María de Muxa e de Benade, concello de Lugo (expediente 2022 313).