NORMATIVA DO DÍA 25 DE AGOSTO DE 2023

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 25 DE AGOSTO (160)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Débedas.- Orde do 14 de agosto de 2023 pola que se modifica a Orde do 15 de marzo de 2016, reguladora de aprazamentos e fraccionamentos de pagamento de débedas que correspondan a ingresos de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

Formación.- Resolución do 18 de agosto de 2023 pola que se publica a Resolución do 17 de agosto de 2023 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas no procedemento de adxudicación de prazas de residencia e/ou comedor nos centros de formación e experimentación agraria da Axencia para o curso académico 2023/24 (código de procedemento MR207A).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Información pública.- Resolución do 26 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións da LAT 66 kV PE Dos Cotos-SE Pontesampaio, situada nos concellos de Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas e Pontevedra da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2020/122).

BOP Ourense 25 DE AGOSTO (195)

COMUNIDADE DE REGANTES POBLADO PETIN

Asemblea.- Convocatoria da xunta xeral ordinaria. (Páx. 10)

BOP Pontevedra 25 DE AGOSTO (164)

VILAGARCÍA DE AROUSA

Convocatoria.- Bases reguladoras da convocatoria de subvencións a empresas para a contratación de traballadores/as desempregados/as por conta allea-concello de Vilagarcía 2023.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias