DOG 4 DE SETEMBRO (167)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
Concesións.- Resolución do 28 de xullo de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas da Orde do 26 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I Microempresas, de mantemento do emprego e da actividade económica das microempresas de Galicia máis afectadas pola COVID-19 (TR400B), e do Programa II Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR400C), e se procede á súa convocatoria para 2020.
Concesións.- Resolución do 28 de xullo de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas da Orde do 17 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da COVID-19, financiado con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR400A).
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Solo.- Anuncio do 18 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan básico municipal do Concello de Lobeira (expediente 2023AAE2802).
BOP A Coruña 4 DE SETEMBRO (168)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Concesións.- Resolución número 2023/32867 de data 28 de agosto de 2023, pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa OPAS durante o exercicio 2023.