NORMATIVA DO DÍA 6 DE SETEMBRO DE 2023

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 6 DE SETEMBRO (169)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

Convocatoria.- Resolución do 25 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento SI451B). (Extracto)

Concesións.- Resolución do 23 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas da Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e ás microempresas afectadas pola COVID-19 mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A) e do Programa II de microempresas (TR500B), susceptible de ser financiada parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Cambio de uso.- Anuncio do 21 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola, para viñedo, de varias parcelas na parroquia de Amorín, no concello de Tomiño (Pontevedra) (clave do expediente 2023/0027).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Resolución do 24 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Xeada, sito nos concellos da Rúa, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e de Quiroga (Lugo), e promovido por Neiva Directorship, S.L. (expediente IN408A/2020/005).

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Investigación da titularidade.- Anuncio do 21 de agosto de 2023 de inicio dun procedemento de investigación da titularidade de dezaseis inmobles situados na aldea modelo de Francos de Proendos, no concello de Sober (Lugo), código MRO01A, expediente AM-22-01.

Investigación da titularidade.- Anuncio do 21 de agosto de 2023 de inicio dun procedemento de investigación da titularidade de doce inmobles situados na aldea modelo de Covelo, no concello de Taboadela (Ourense), código MRO01A, expediente AM-22-02.

Investigación da titularidade.- Anuncio do 21 de agosto de 2023 de inicio dun procedemento de investigación da titularidade de vinte e catro inmobles situados na aldea modelo de Carzoá, no concello de Cualedro (Ourense), código MRO01A, expediente AM-22-03.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias