DOG 8 DE SETEMBRO (171)
I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Fondos europeos.- Decreto 127/2023, do 31 de agosto, polo que se crea o Comité Técnico de Coordinación dos Fondos Europeos e se establecen a súa composición, funcións e réxime de funcionamento.
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Convocatoria.- Orde do 16 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións do programa de comercio circular e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300D). (Extracto)
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
Requirimentos de emenda.- Resolución do 29 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 27 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento SI429A).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Edicto do 13 de marzo de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Costoia, na parroquia de Lobás (Santa Ouxea), no concello do Carballiño.
BOP A Coruña 8 DE SETEMBRO (172)
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA Y CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE,TERRITORIO E VIVENDA
Residuos.- Anuncio do 7 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete ao trámite de información pública o documento do Plan de Xestión de Residuos Municipais de Galicia 2023-2030.