NORMATIVA DO DÍA 13 DE SETEMBRO DE 2023

Proposta de extensión de norma para impulsar o sector cunícola.

BOE 13 DE SETEMBRO (219)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Sector Cunícola.- Resolución de 7 de septiembre de 2023, de la Dirección General de la Industria Alimentaria, por la que se somete a información pública la propuesta de extensión de norma y de aportación económica obligatoria, solicitada por la Organización Interprofesional para Impulsar el Sector Cunícola, INTERCUN, durante tres años.

DOG 13 DE SETEMBRO (174)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Ampliación do prazo de execución e xustificación.- Resolución do 7 de setembro de 2023 sobre a ampliación dos prazos establecidos no artigo 26 da Resolución do 23 de marzo de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores de industria e servizos para o ano 2022-2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Autorización ambiental integrada.- Anuncio do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fan públicas as resolucións polas que se revisan varias autorizacións ambientais integradas.

Solo.- Anuncio do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Vilar de Barrio para redelimitación do solo de núcleo rural dos núcleos de Arnuíde, A Eirexa e O Folón-Penadiz, no concello de Vilar de Barrio (expediente 2023AAE2808).

BOP Ourense 13 DE SETEMBRO (211)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Expropiación.- Relación de propietarios/as, bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa para a execución das obras de acondicionamento e mellora integral na OU-0517 Ourense-A Merca, no concello de San Cibrao das Viñas. (Páx. 2)

BOP Pontevedra 13 DE SETEMBRO (177)

SILLEDA

Viveiro de empresas.- Aprobación das bases de funcionamento do viveiro de empresas do concello de Silleda.

VILAGARCÍA DE AROUSA

Extracto.- da convocatoria de axudas a proxectos de actuacións preventivas e/ou obra forestal destinadas á prevención e defensa contra os incendios e protección dos montes do concello de Vilagarcía de Arousa 2023.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias