DOUE 20 DE SETEMBRO
LEGISLACIÓN (L231)
DIRECTIVAS
Eficiencia energética.- Directiva (UE) 2023/1791 del Parlamento Europeo y del Consejo de 13 de septiembre de 2023 relativa a la eficiencia energética y por la que se modifica el Reglamento (UE) 2023/955.
DOG 20 DE SETEMBRO (179)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Esgotamento do crédito.- Resolución do 11 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da Orde do 15 de maio de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
Convocatoria.- Resolución do 7 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades no ano 2023 (código de procedemento SI452A). (Extracto)
Concesións.- Resolución do 9 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas da Orde do 27 de abril de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Parques eólicos.- Acordo do 25 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude da declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto da infraestrutura de evacuación do parque eólico Vilartoxo (anteriormente nomeado solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Barrosino e Vilartoxo) no concello da Baña (A Coruña) (expediente IN408A 2020/158).