NORMATIVA DO DÍA 25 DE SETEMBRO DE 2023

Concesión das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade.

DOG 25 DE SETEMBRO (182)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

Modificación de bases.- Orde do 18 de setembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 26 de xaneiro de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e a continuidade de casas do maior en funcionamento, para os anos 2022 e 2023, e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento BS212A e BS212B).

Modificación de bases.- Orde do 18 de setembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 22 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2021, 2022 e 2023 (código de procedemento BS212A).

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Ampliación do prazo de execución e xustificación.- Resolución do 19 de setembro de 2023 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación dos investimentos establecidos na Resolución do 20 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2023 (código de procedemento IN417Z).

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

Concesións.- Resolución do 15 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade á concesión das axudas da convocatoria do ano 2023 á nova participación de agricultores en réximes de calidade, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020, ao abeiro da Resolución do 4 de abril de 2023.

BOP Lugo 25 DE SETEMBRO (221)

TABOADA

Incendios.- Exposición pública aprobación inicial plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do concello de Taboada.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias