DOG 2 DE OUTUBRO (187)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Corrección de erros.- do extracto da Orde do 13 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Polígono agroforestal.- Decreto XX/2023, do 14 de setembro, polo que se declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal de iniciativa pública de San Miguel, no concello de Valga (Pontevedra).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Anuncio do 12 de setembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo dos expedientes que se relacionan a seguir.
AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Polígono agroforestal.- Acordo do 8 de setembro de 2023 polo que se inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa pública de Sande, no concello de Arbo.
BOP Ourense 2 DE OUTUBRO (227)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
Expropiación.- Relación de propietarios/as, bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa para execución das obras de construción de sendeiro e zona de esparexemento na marxe esquerda do río Sil (O Salgueiral), no Concello do Barco de Valdeorras, PDM Miño-Sil, n.º 203POS2023. (Páx. 2)
BOP Pontevedra 2 DE OUTUBRO (227)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
Caza.- Expediente de ampliación do Tecor A Goberna Regueiro co MVMC “Val de Maria” no concello do Irixo (Ourense) e o MVMC “montes de Zobra” e fincas particulares da parroquia de Zobra no concello de Lalín (Pontevedra).