NORMATIVA DO DÍA 9 DE OUTUBRO DE 2023

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 9 DE OUTUBRO (192)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concesións.- Resolución do 28 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de abril de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Convocatoria.- Resolución do 27 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección, que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento das pemes para a creación de centros dixitais de xestión remota (Programa centros dixitais) para o ano 2023, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 (FTX), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG535B). (Extracto).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Autorización ambiental integrada.- Anuncio do 2 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Inleit Ingredientes, S.L.U. para a planta de procesamento de leite no polígono industrial de Curtis-Teixeiro, Curtis (expediente 2023-IPPC-M-1).

BOP Ourense 9 DE OUTUBRO (233)

ESGOS

Natalidade.- Bases reguladoras da axuda á natalidade para o ano 2023. (Páx. 16).

BOP Pontevedra 9 DE OUTUBRO (195)

SILLEDA

Incendios.- Aprobación definitiva do plan municipal prevención e defensa incendios forestais.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias