DOG 13 DE OUTUBRO (195)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES
Ampliación do prazo de execución e xustificación.- Orde do 9 de outubro de 2023 pola que se modifica o artigo 15 da Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 11, do 17 de xaneiro) (código de procedemento PR487A). (Ata o 7 de novembro)
AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Ampliación do prazo de solicitude.- Resolución do 4 de outubro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 18 de xullo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas para os gastos notariais e de inmatriculación rexistral de predios agroforestais obxecto de permutas de especial interese agrario, en réxime de concorrencia non competitiva, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR709B). (Ata o 16 de novembro)
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Declaración de impacto ambiental.- Anuncio do 2 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto Ampliación de explotación porcina de ceba, ata 5040 cabezas, na parroquia da Broza, no concello do Saviñao (expediente 2021/0140).
Parques eólicos.- Anuncio do 2 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto Parque eólico Paradela, nos concellos de Bóveda, Paradela, Sarria e O Saviñao (expediente 2020/0013).
Liñas eléctricas.- Anuncio do 3 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico relativo á modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da LAT 132 kV O Irixo-Lalín (expediente 2023AAE2809)
Informe de impacto ambiental.- Anuncio do 3 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación de explotación de vacún de leite, no concello de Coristanco (A Coruña) (expediente 2023/0058).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Anuncio do 3 de outubro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 2 de outubro de 2023, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Comunal de Portocamba, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Nocelo da Portocamba, no concello de Castrelo do Val.
CMVMC.- Anuncio do 3 de outubro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 29 de setembro de 2023, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Coto das Mercedes, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Nocelo da Pena e As Mercedes, no concello de Cualedro.
CMVMC.- Anuncio do 3 de outubro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 2 de outubro de 2023, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Comunal de Carracedo da Serra, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Carracedo da Serra, no concello da Gudiña.
BOP Pontevedra 13 DE OUTUBRO (198)
CUNTIS
Natalidade.- Convocatoria para a concesión de axudas municipais destinadas ao apoio á natalidade no concello de Cuntis para o ano 2023.