DOG 19 DE OUTUBRO (199)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
Modificación dos prazos de execución.- Orde do 10 de outubro de 2023 pola que se modifican os prazos de execución do Programa I. Emprendemento Plus Investimento establecidos na Orde de 13 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións Emprendemento Plus para apoiar o investimento e a creación de emprego co obxectivo de fortalecer e consolidar iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (apoio ao investimento) e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para as anualidades 2023-2024 (código de procedemento TR880B).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Convocatoria.- Orde do 9 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR321A). (Extracto)
Encargos.- Resolución do 6 de outubro de 2023 pola que se dá publicidade de varios encargos realizados ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).
BOP A Coruña 19 DE OUTUBRO (200)
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Convocatoria.- Extracto do Acordo de data 11 de outubro da Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela polo que se aproban as bases reguladoras da II edición dos premios á excelencia empresarial axenda urbana 2030 do concello de Santiago de Compostela
BOP Lugo 19 DE OUTUBRO (240)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Recría.- Aprobación da revisión de tarifas do contrato de concesión da xestión e explotación do centro de recría da deputación de Lugo “Gayoso Castro”.