Santiago, 18 de outubro de 2023.- A organización Unións Agrarias, solicita á Consellería do Medio Rural que flexibilice os prazos de xustificación das axudas para reestruturación de viñedo nas denominacións de Orixe de Galicia.
Para levar a cabo esta modificación debe de facerse de xeito urxente unha transposición á normativa autonómica do Decreto 785/2023 do Ministerio de Agricultura publicado hoxe, no que se recolle un paquete normativo da UE (Regulamento de Execución 2023/1619) que permite baixar a porcentaxe de execución das melloras do 30% ao 3%, debido a adversidade climática pola seca que viñeron sufrindo os viticultores nos últimos anos.
Con esta iniciativa, solicitada xa no seu día por UUAA, facilitase que os viticultores non perdan axudas Comunitarias do bienio 2022-23, porque decreta con carácter retroactivo -o fin do prazo para xustificar a primeira anualidade remata o pasado 15 de outubro-, rebaixar de xeito moi substancial a porcentaxe de execución das obras.
Segundo se recollen na normativa ministerial as exencións serán de aplicación nas zonas afectadas por fenómenos meteorolóxicos adversos na primavera de 2023 previa determinación das comunidades autónomas, polo que resulta imprescindible que a Xunta se adhira e traslade o Decreto a Galicia.
O programa de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia botou a andar no ano 2000 coa a concesión das axudas para a realización de plans que abarcaban a reconversión varietal, a reimplantación de viñedos e a mellora das técnicas de xestión co obxectivo de facer fronte a un cada vez mais mercado competitivo.